Skip to main content
Samos

Milrosas Teatro interpretará un conto de Fiz Vergara Vilariño en Samos

Por 26 Agosto, 2023Agosto 27th, 2023Sin comentarios

O lugar de Santalla de Abaixo da parroquia de Lóuzara en Samos  acolle unha representación teatral do grupo ‘Milrosas Teatro’.

A cita, que terá lugar o vindeiro mércores, 30 de agosto, consistirá na adaptación teatral dun conto de Fiz Vergara Vilariño: ‘Historia dun tolo que sabía tocar o clarinete’.

As persoas interesadas en participar desta actividade poderán facelo de forma gratuíta a partir das 21.00 horas.