Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O Concello das Pontes acolle un novo campus de baloncesto

Por 10 Agosto, 2023Sin comentarios

As Pontes acollerá entre o 4 e o 8 de setembro un campus de baloncesto dirixido a nenos de 8 a 16 anos organizado polo CB As Pontes en colaboración tamén co Concello das Pontes.

Este campus contará con actividades de multideporte, iniciación a deportes alternativos, excursións e visitas de xogadores, adestradores e árbitros profesionais.

O prazo de inscrición está aberto ata o 13 de agosto e esta pode facerse por mail en cbaspontes@gmail.com ou por teléfono no 639 062 068 (Julián).