Skip to main content
Begonte

Begonte organiza unha nova edición do seu torneo de pádel de verán

Por 8 Agosto, 2023Agosto 9th, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán coa celebración do III Torneo de Pádel que ter lugar os días 25, 26 e 27 de agosto.

A organización estableceu un prezo de 20 euros por parella, ata un máximo de 24, polo que será necesario inscribirse antes do 23 de agosto cubrindo a folla de inscrición e aboando a cantidade no concello en horario de mañá.

Establécese a categoría libre (masculina, feminina ou mixta) e a organización establece un welcome pack de agasallo, seguro de accidentes, bolas a cargo da organización e reparto de augas.

Haberá premios para os dous primeiros clasificados do cadro de honra e os 2 primeiros do cadro de consolación.