Skip to main content
Begonte

Xa están publicadas as bases de contratación de proxecto do auditorio de Baamonde

Por 28 Agosto, 2023Agosto 29th, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte licitou o contrato que ten por obxecto a execución das obras do Auditorio de Baamonde na súa Fase primeira. Estas obras están destinadas á construcción dun Auditorio Municipal na parcela dedicada, ata agora, á Escola Infantil e sita en Baamonde, co obxecto de poder consolidar o Proxecto de Escola de Música/Conservatorio que ven xestionando a Asociación Músico Crisanto, co fin de dispoñer no municipio dunhas instalacións acordes e axeitadas cos tempos actuais e co servizo a prestar, e que veñen a dar resposta a unha crecente demanda na comarca neste eido educativo, cultural e de ocio.

Considerase como procedemento máis axeitado para a contratación das obras o procedemento aberto e tramitación urxente, por razóns de interese público, con varios criterios de adxudicación.

O prazo máximo de execución da obra do auditorio na súa primeira fase será de catro meses, cun orzamento total de 648.336,47 euros. A construcción do futuro auditorio conta co respaldo económico da Xunta de Galicia a través dun convenio firmado entre tres consellerías e o Concello para a súa posta en marcha.