Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Mañá remata o prazo para anotarse na VII Ruta MTB Cova da Serpe Guitiriz

Por 23 Agosto, 2023Sin comentarios

O Club Btteiros Cova da Serpe organiza a VII Ruta MTB Cova da Serpe Guitiriz este domingo, 27 de agosto, con saída ás 9.00 horas dende a praza do Campo da Feira de Guitiriz.

As inscripcións, que deben facerse a través da web, pechan o día 24 de agosto ou cando se chegue a un total de inscritos que é de 300.

Este ano haberá unha categoría competitiva puntuable para a Copa Galicia, e por suposto contarán coa modalidade cicloturista  na que a ruta conservará a esencia de edicións pasadas.

A distancia da Copa de Galicia será de 84 quilómetros cun desnivel de 1.900 metros, e dentro da cicloturista serán tres as distancias, a mesma que na Copa e ademais, 58 quilómetros con +1.300 metros, e 46 quilómetros e 800 metros.

A ruta estará debidamente sinalizada e terá un custe de 18 euros para ciclistas federados e de 10 para non federados.