Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Dezanove rapaces e rapazas de Outeiro de Rei fixeron prácticas en empresas por primeira vez

Por 8 Agosto, 2023Sin comentarios

Dezanove mozos e mozas de Outeiro de Rei puideron aproximarse ao mundo laboral a través da realización de estadías en varias empresas do municipio, entre as que se atoparon os zoolóxicos Avifauna e Marcelle, ademais de panaderías, empresas do sector primario e mesmo un área de servizo.

As prácticas realizadas durante cinco días en xornadas diarias de 4 horas representaron un primeiro contacto co mundo laboral, unha experiencia que foi moi valorada polos participantes e que lles permitiu coñecer o traballo diario na empresa escollida e colaborar realizando diferentes actividades.

Para completar o programa, realizouse o día 24 unha visita á Fundación CEL de Lugo onde, ademais de facer un percorrido polas instalacións, puideron escoitar a dúas emprendedoras que fixeron realidade o seu proxecto a través da Fundación e tamén a unha consultora de empresas a cal lles facilitou información para comezar un proxecto de emprendemento.

De regreso a Outeiro de Rei  puideron poñer en práctica as súas competencias dixitais na iniciativa dixital Generación D que tiña instalado un autobús na praza do Concello.

A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei onde o alcalde, José Pardo Lombao,  mantivo un intercambio de impresións e fixo entrega dos diplomas acreditativos da participación no programa.

A novena edición desta iniciativa foi promovida e subvencionada polo Concello de Outeiro de Rei.