Skip to main content
A PastorizaLugo

Sonia Villapol presentou o seu novo libro en Lugo

Por 7 Agosto, 2023Sin comentarios

A doutora Sonia Villapol, natural da Bretoña, na Pastoriza, presentou en lugo o seu libro Consciencia, a Ciencia que nos rescatou da pandemia.

O acto, que tivo lugar no Vello Cárcere, contou coas intervencións da escritora Marica Campo e do profesor de ensino secundario Mario Outeiro

Este libro conta como reaccionamos e como o apoio á investigación trouxo vacinas e terapias, aflorou a esperanza e comezamos a ver a luz ao final do túnel.

“A pandemia arrasou as vidas e as economías, deixounos unha sociedade máis vulnerable e, como herdanza, a Covid persistente. Algúns quixeron relativizar o impacto, pero outros tentamos axudar a combater o virus. A ciencia foi a táboa de salvación á que nos agarramos en momentos de incerteza e angustia; protexeunos, achegounos ao benestar e, en definitiva, foi quen nos rescatou da pandemia. Grazas ao aprendido, afrontaremos mellor os desafíos no futuro, por iso cómpre coñecer a ciencia e aplicala a conciencia”, explicou Vilalpol na presentación.

Sonia Villapol Salgado naceu en Bretoña en 1977. É neurocientífica e profesora. Licenciouse en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona. Traballou como investigadora na Universidade Pierre e Marie Curie VI en París e nos Institutos Nacionais de Saúde en Maryland. Foi profesora na Universidade Georgetown en Washington e, na actualidade, é xefa de laboratorio no Centro Médico de Texas, Houston. Publicou máis de setenta artigos científicos e a súa investigación céntrase no estudo da inflamación e da dexeneración do cerebro, na enfermidade de alzhéimer, na microbiota ou nos efectos da covid.

Esta científica non perdeu a súa relación coa terra que a viu nacer nin con o centro onde estudiou en Meira.
Antes do cambio de goberno, o Concello da Pastoriza estaba a estudar concederlle a distinción de Filla Predilecta da Pastoriza.