Skip to main content
As Pontes

As pontes acolle o proxecto ‘Fotoemoción’ destinado ás mulleres

Por 18 Agosto, 2023Agosto 19th, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes abre o prazo de inscrición para participar no proxecto “FotoEmoción”, unha proposta do departamento de Igualdade , dirixida ás mulleres da vila, que ten como obxectivo prioritario permitir as súas participantes achegarse ao autocoñecemento, á conexión co seu corpo e coas súas emocións.

Tania Pardo responsable da área apunta que “as mulleres durante moito tempo tivemos limitada a nosa expresión en diferentes ámbitos e de diferentes xeitos. A arte sempre foi o canal de expresión emocional da humanidade, por isto creemos que é unha excelente ferramenta para axudar ás mulleres a potenciar e manifestar todas as súas emocións e sentimentos, dándolles unha oportunidade para romper co silencio, conectar consigo mesmas e co seu mundo emocional a través do obxectivo das cámaras fotográficas”

Durante cinco sesións, cunha duración de dúas horas e media cada unha, ás mulleres participantes poderán achegarse as súas emocións así como aprender a ler imaxes e descifras a linguaxe do corpo e as emocións que transmiten, coñecer os principios básicos da fotografía e como aplicalos na construción de narrativas propias a través do teléfonos móbiles así como coñecer o traballo de diversas fotógrafas como fonte de empoderamento.

Así, durante a primeira sesión farase unha presentación do proxecto e as participantes achegaranse a conceptos relacionados coa desigualdade de xénero, os estereotipos, e os roles relacionados coa expresión, as emocións, a visibilización, a autoestima e o apoderamento.

As dúas seguintes sesións estarán destinadas a traballar expresión corporal e a comunicación non verbal e realizarase unha primeira aproximación a linguaxe fotográfica. Finalmente, as dúas últimas sesión estarán dedicadas á creación fotográfica nas que se traballará a autoestima, a ruptura coas estereotipos de xéneros e as desigualdades.

O programa desenvolverase os días 4, 11, 20 e 25 de setembro, de 16.30 a 19.00 horas, na aula polivalente da Casa Dopeso. As mulleres interesadas en participar nesta iniciativa poden inscribirse, ata o 31 de agosto no teléfono 981 44 10 98 ou no Centro de Información da Muller (2o andar Casa Dopeso)