Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade celebrará as súas festas a fin de semana do 11 ao 15 de agosto

Por 7 Agosto, 2023Sin comentarios

Rábade inicia o 11 de agosto, e ata o 15, as suás festas patronais. O venres arrancarán coa celebración do Rabafolc, que este ano chega á súa edición número XXVII e que contará cos grupos Óscar Ibáñez & Treibo e TNT Tanto nos Ten.

O sábado 12 será o Día da Bicicleta coa presenza das orquestra Compostela e a Disco Móvil Zona 0 para pechar a xornada cunha sesión de fogos de artificio.

O domingo será un día grande coa Festa no río e a tradicional Esbatuxada polas augas do Miño, unha cita que cada ano concentra un maior número de participantes cos disfraces cada vez máis orixinais.

No apartado musical a festa contará cun concerto de bandas e a actuación de La Fórmula e Grupo Alba.

O luns o apartado musical estará a cargo de Claxxon e Grupo Máster, deixando para o martes 15 as últimas citas festeiras coa IV edición do Subidón dos Avós e a XVII descarga pirotécnica. A orquestra Trébol será a encargada de pechar as celebracións acompañada da tradicional sesión de fogos de artificio.