Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Abre o prazo de asignación de usos das instalacións deportivas en Vilalba

Por 26 Agosto, 2023Sin comentarios

A rexedora e responsable de Deportes, Elba Veleiro, reunírase recentemente con representantes de entidades deportivas para abordar este regulamento que mellorará a xestión dos espazos.

A alcaldesa de Vilalba e responsable de Deportes, Elba Veleiro, informa da apertura da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais de Vilalba para actividades deportivas de adestramento. As entidades e persoas interesadas teñen dez días hábiles dende a publicación da convocatoria onte no BOP para presentar as súas solicitudes.

Veleiro reunírase recentemente con representantes dos clubs e asociacións deportivas locais para abordar este novo regulamento. “Un regulamento necesario para facilitar a xestión e coordinación dos espazos deportivos do municipio, cada vez máis reclamados ante o aumento da rede asociativa local”, afirma.

As solicitudes deberán ser presentadas na sede electrónica do Concello, e serán valoradas en función dun baremo desglosado na convocatoria. A puntuación asignarase en función de parámetros como o nivel de competición, ou en caso de solicitudes realizadas por asociacións ou clubes, o número de socios ou abonados, ou o número de licencias federativas en competicións oficiais e regulares.

As instalacións deportivas nas que se poderá adestrar por medio da participación nesta convocatoria serán o Pavillón Municipal de Deportes, o Pavillón CEIP Mato Vizoso, o Pavillón CEIP Insua Bermúdez, o campo de herba artificial, as pistas de tenis 1 e 2, a pista de atletismo do Estadio da Madalena, a sala de loita do Auditorio Municipal, o ximnasio da casa consistorial e a piscina municipal.