Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXADeportes TERRACHÁXATaboadaVilalba

O Vilalbés disputará en Taboada co Ourense este mércores a Copa Federación

Por 29 Agosto, 2023Sin comentarios

O Racing Club Villalbés e o Ourense CF disputarán a final da fase galega da Copa Federación logo de eliminar en semifinais ao Somozas e ao Coruxo, respectivamente. Os dous tratarán de gañar a praza para a fase nacional, que ten un importante premio económico para o campión e un magnífico premio deportivo para os semifinalistas, que acadan a clasificación para a Copa do Rei.

Villalbés e Ourense xogarán a final galega este mércores día 30 no campo A Medela de Taboada. Este é o feudo do Taboada CF, sendo un campo de herba natural en magnífico estado. O partido dará comezo ás 18:00 horas.