Skip to main content
Uncategorized @gl

Os Vilares celebra a XXXI edición da Romaría Labrega da Chaira

Por 10 Agosto, 2023Agosto 11th, 2023Sin comentarios

A Romaría Labrega da Chaira regresa coa súa XXXI edición nos Vilares de Guitiriz, que serán os días 12 e 13 deste de mes con merendas na carballeira do Cancelo, organizada pola Asociación de Veciños, Cultural e Medioambiental da localidade.

O sábado abre a xornada a ruta cabalar ás 10:30, e contará cun menú de empanada, paella, carne ao caldeiro, sobremesa, café e chupito, e todo isto por un prezo de 25 euros.

Máis tarde será a inauguración da III Mostra de artesanía e a Carreira Popular para a que será preciso inscribirse antes do 8 de agosto.

O pregón, que será ás 14:00 horas, correrá a cargo de Xurxo Souto e despois haberá unha sesión vermú cos Vacunas de Rodeiro e os pandereteiros de Na Casa do Zoqueiro.

Non faltará o xantar na carballeira con asgasallos para todas as merendas e a música ambiente.

Pola tarde haberá xogos populares para nenos e adultos e xincanas e carreiras de cabalos, ademais do sorteo dunha xovenca de Rubia Gallega. A música estará a cargo de Pelepau e Pulpiño Viascón. Para a cea poderanse degustar liscos e chourizos.

O domingo 13 comezará a festa ás 12.30 horas coa saída da Marcha de Vehículos Antigos pola parroquia  e posterior concentración na carballeira.

A música na sesión vermú correrá a cargo do grupo Mekánica Rolling Band, despois da actuación de Os Trapeiros dos Vilares.

Pola tarde e tras a actuación de Cé Orquestra Pantasma na romería pequena haberá festa da escuma. Logo serán os xogos populares, as probas de habilidade con maquinaria agrícola.

De novo para a cea poderánse degustar liscos e chourizos tratuítos para rematar coa actuación dos Trapeiros do Vilares.