Skip to main content
AlfozCultura AMARIÑAXAO Valadouro

Club Hípico Terras do Mariscal: “Nós tratamos de amosar un deporte moi estendido”

Por 10 Setembro, 2023Xaneiro 22nd, 2024Sin comentarios

O val do Ouro conta cunha xeografía inigualable para os deportes ecuestres.

Por Ana Somoza López.

Cando e como nace o Club Hípico Terras do Mariscal?

Pois legalmente hai un ano aproximadamente, debido a que a nosa intención era organizar un raid e para iso debíamos estar legalmente inscritos.

Por que ou con que motivación xorde?

Basicamente xorde a raíz duns amigos da localidade do Franco, en Asturias que son uns veteranos neste deporte e  facendo rutas de amigos por esta zona quedaron marabillados da cantidade e calidade das nosas pistas e camiños. Así que que xurdiu a idea de facer un raid.

Que obxectivos ten?

Principalmente a organización dun raid neste val, que é polo que levamos loitando case dous anos e actualmente sen éxito, debido a que o anterior goberno non foi moi colaborador, senón todo o contrario, puxéronnos bastantes trabas, tamén non descartamos dar a coñecer e promocionar outras disciplinas hípicas ou eventos descartando a andadura xa que nesta contorna xa hai asociacións adicadas a esa disciplina, o mundo do cabalo e moi amplo se se quere coñecer.

Quen conforma este club?

Pois somos cinco amigos, como xa dixen, son dous da localidade do Franco en Asturias, unha amiga en Meira e por último dúas persoas aquí en Alfoz nas cales eu me inclúo. Anteriormente xa formei parte de outras asociacións en outros lugares e comprobei que os grupos pequenos son máis sólidos e con menos problemas que as asociacións con maior número de persoas.

“É unha disciplina moi popular debido á facilidade de montarse no cabalo e tamén require moito sacrificio físico e de tempo, pois para correr hai que adestrar”

Onde teñen a base do club?

Pois o club atópase inscrito nos concellos de Alfoz e Valadouro, xa que o raid transcorrería polos camiños deste val no cal están os dous concellos. Tamén serviría para poder repartir o custe da proba nos dous e a súa vez promocionar o tesouro que é este val, o cal non ten fronteiras.

Cales son algúns dos nomes dos cabalos máis destacables na disciplina de raid en Galicia?

Pois agora non che sabería dicir uns en concreto. No pasado houbo grandes cabalos como o Cronox de Félix Lorente, Bala, un que deixou unha pegada bastante grande debido a súa descendencia foi o Quasar de la Nie propiedade de Herminio Pose Nieto e a súa vida deportiva foi con Pilar Cortón, que está amazona e a súa filla Rocío hai uns meses fixeron unha gran carreira en Francia e Rocío estivo preseleccionada para o mundial de raid, con cabalos descendentes do Quasar. Tamén hoxe poderíamos falar da Siglo Alma de Silas Barreira que fixo un campionato galego bastante notable e moitos máis que agora mesmo non lembro aínda que esperamos que aparezan moitos xa que en anos anteriores o número de probas de raid en Galicia era escaso, dous ou catro por ano, e rexurdiu, actualmente falamos entre nove e once probas, dando así oportunidade a cabalos que localmente son descartados por non ir en andadura pero non por elo deixan de ser grandes cabalos demostrando o que son capaces nas largas distancias.

Que iniciativas propoñen?

Como xa dixen, a principal iniciativa é a de organizar un raid, o actual goberno e máis colaborador que o anterior e xa estamos en camiño, pero o principal problema e o económico, a achega económica dos concellos de Alfoz e Valadouro axuda pero non alcanza polo que estamos estudando outras opcións de financiación da proba, sexa na Deputación de Lugo ou con patrocinador pero está última opción e moi complicada. O que si, é que en teoría ambos concellos nos aseguran a axuda loxística da proba.

Participan en moitos raids ou torneos?

Pois actualmente non, xa que non dispoñemos de cabalos para correr. Eu corrín e adestrei hai anos.  O raid e unha disciplina moi exixente e tes que dedicarlle tempo, se non adestras non clasificas e tes que coñecer as virtudes e fraquezas do teu cabalo polo que o ideal e que compita o xinete que adestra co cabalo. O raid e o único deporte onde os cabalos pasan controis veterinarios antes, durante e despois da proba, fusta e esporas están prohibidos non podes obrigar o cabalo a correr, teno que facer por vontade e nunca verás a un xinete ou amazona bébedo, coma pasa en outras disciplinas. Do noso club un socio que actualmente xa está xubilado, quizais volva a correr co seu cabalo Lightfoot demostrando que a idade ás veces está na mente e neste deporte moitas veces gaña a experiencia e o saber correr e administrar ao teu animal.

Fan actividades ao longo do ano?

Pois actualmente non, como xa expuxen o anterior goberno non nos axudou en nada, más ben o contrario, e ata o día de hoxe os gastos derivados de xestoría e taxas e demais foron solucionados polos compoñentes do club polo que non tivemos opción a organizar nada para o público. Si que puidemos facer pequenas rutas entre nós, pero co novo goberno esperamos que isto poda cambiar.

Teñen apoio institucional ou dalgunha entidade?

Pois como xa dixen anteriormente a día de hoxe as nosas pequenas axudas son dos concellos de Alfoz e O Valadouro e estamos mirando de pedir axuda a Deputación, o actual goberno mais activo e colaborador pero aínda así a achega económica no chega polo que esperamos poder solucionalo.

Que lle piden ao goberno local?

Pois o mencionado antes, axuda económica e que nos de a oportunidade de amosar unha disciplina hípica distinta as locais que xa son algo monótonas, ao mesmo tempo e unha oportunidade para promocionar este val xa que e unha riqueza natural aplicable tanto ao ciclismo, sendeirismo, e en si mesmo ao turismo natural.

Que accións futuras teñen en mente poñer en marcha?

E difícil falar de futuro cando o presente está no aire. Primeiro acabar o empezado e despois xa miraremos, paso a paso, pedra a pedra.

A disciplina de raid é coñecida?

Pois a verdade e que non, estou canso de escoitar a xente cando falas de raid e  non saben o que é. O primeiro é que e un deporte no que hai que saber montar a cabalo,  non montarse no cabalo e despois, que da rabia cando e un deporte estendido por toda España e o mundo e aquí non o coñecen, incluso tamén ver coma outros concellos o apoian, coma o de Baralla onde se disputou o Campionato Galego, e aquí solo te poñen trabas, ás veces penso que se en lugar dun raid organizábamos a festa da cervexa en menos de 24 horas tiñamos os fondos e aportados polas institucións, a sensación e que só queren promocionar festas, non deportes.