Skip to main content
Barreiros

Barreiros ven de poñer en marcha unha nova campaña de compostaxe doméstica

Por 6 Setembro, 2023Setembro 7th, 2023Sin comentarios

O Concello de Barreiros ven de poñer en marcha unha nova campaña de compostaxe doméstica que, xunto con outras actuacións promovidas dende a Concellería de Medio Ambiente e Rural, ten como finalidade a minoración do depósito de residuos orgánicos de orixe doméstico depositado nos colectores xenéricos, ao tempo que se fomenta obtención de compost orgánico para o seu uso como abono en hortas e xardíns, reducindo dese xeito o uso de fertilizantes químicos.

Para isto, o Concello fará entrega, de balde, dun total de 42 composteiros que se distribuirán, por orde de apuntamento, entre outras tantas vivendas unifamiliares de Barreiros que dispoñan de horta ou xardín.

As persoas interesadas en obter un destes composteiros deberán chamar ao concello, teléfono 982 124 002, no prazo comprendido entre o 1 e o 15 de setembro, e facilitar o seu nome e apelidos, teléfono e enderezo onde se situaría o composteiro.

Posteriormente citarase ás persoas beneficiarias a un acto formativo, que terá lugar no mes de outubro, no que se lles fará entrega do composteiro.