Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros pide que se limpe a finca da depuradora de Vilar e o acondicionamento do camiño de acceso

Por 17 Setembro, 2023Sin comentarios

O PP de Barreiros denuncia o estado de abandono dunha finca da que é propietaria o Concello e na que se ubica a depuradora por decantación das augas residuais do barrio de Vilar. Os populares piden a súa adecuación, así coma o acondicionamento do camiño de acceso con zahorra.

O voceiro, José Manuel Gómez Puente, indica que “esta finca está chea de silvas e maleza”. E, ademais, “o camiño de acceso, actualmente de terra, atópase en mal estado e, polo tanto, dificulta o tránsito para achegarse a realizar os labores de mantemento”.

Tendo en conta que “o seu estado impide que se recolla o lixo de tres casas do barrio do Vilar”, cobra especial relevancia a necesidade do seu acondicionamento. Ademais, trátase dun camiño que dá acceso a varias fincas dos veciños da zona.

Os populares entenden que o Concello pida colaboración aos veciños para limpar e desbrozar as fincas, pero inciden en que “o goberno local debe dar exemplo”.