Skip to main content
Barreiros

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, ofrece para o sábado un obradoiro de teatro infantil e xuvenil

Por 19 Setembro, 2023Setembro 28th, 2023Sin comentarios

O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, ofrece para o vindeiro sábado 23 un obradoiro de teatro infantil e xuvenil. Será ás 16.30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante.

Este taller está destinado a todas e todos os nenos e rapaces que teñan ganas de adentrarse no mundo do teatro.

Será unha xornada de portas abertas para que todas e todos os que sintan interés ou ganas de probar a ser actrices e actores o poidan facer sen ningún compromiso.