Skip to main content
Foz

O Concello de Foz prepara unha ampla programación teatral para este semestre

Por 7 Setembro, 2023Setembro 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz prepara unha ampla programación teatral para este semestre do ano e no que aínda faltan actividades por confirmar.

Así, o sábado 14 de setembro haberá teatro escolar a cargo do elenco artístico Imma Antonio e o seu espectáculo Feirantes, unha obra baseada nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro Os outros feirantes.

Xa en outubro e na Sala Bahía, Ibuprofeno Teatro deleitará ao público coa súa obra Somoke on the water o venres 20 ás 20.30 horas; o martes 24 e Día Internacional das bibliotecas, os pequenos poderán desfrutar ás 18.30 horas na casa da cultura de Vacacións no mar de Mircromina, un espectáculo de monicreques. O xoves 26 ás 20.30 horas será a quenda de O Auto do Castro Mil de Producións Teatrais Excéntricas.

O cine en galego tamén estará presente os venres de setembro na casa da cultura ás 20.30 horas, así o día 15 será a proxección de Matria, o 22 As Bestas e o 29 O corpo Abeto.