Skip to main content
Foz

O PP de Foz pide crear unha comisión de investigación sobre o problema na rede de abastecemento de auga potable

Por 4 Setembro, 2023Sin comentarios

O PP de Foz pide un pleno extraordinario para crear unha comisión de investigación sobre o problema na rede de abastecemento de auga potable

O voceiro popular, Javier Castiñeira, explica que dende o PP se solicitará a convocatoria para acadar a creación dunha comisión de investigación “tras varias semanas sen poder consumir auga da traída, sobre todo en agosto, o mes máis importante a nivel turístico para o municipio”.

Nas últimas semanas, o alto contigo de halometanos (por enriba dos 100 mg/L permitidos) provocou que se decretasen por parte do alcalde restricións no consumo de auga algo que afectou seriamente a vida diaria dos veciños de Foz, ademais de ocasionar serios problemas a comerciantes, hostaleiros e autónomos. “Xa pedimos a creación desta comisión de investigación nos primeiros días desta crise, nas vésperas das festas de San Lourenzo, pero o equipo de goberno nada fixo”, lamentou.

Javier Castiñeira afirma que “non se pode entender a total falta de transparencia do equipo de goberno, que parece máis preocupado en defender á empresa concesionaria do servizo que en dar explicacións á veciñanza e aos grupos da oposición”, ao que engade que “é fundamental que se avalíen cales son as circunstancias que provocaron esta situación, cales son as solucións e sobre todo saber todos os danos ocasionados e facilitar que os veciños poidan reclamar os danos producidos”.

INFRAESTRUTURAS RENOVADAS

Javier Castiñeira recorda que Foz é un dos municipios con mellores infraestruturas na captación (realízase do río Ouro, que normalmente presenta un caudal suficiente) e hai poucos anos que o municipio recibiu unha axuda da Xunta de Galicia para construír os depósitos da auga.

Con esta situación “as restricións non poden manterse no tempo sen buscar solucións axeitadas xa que se están a provocar graves danos aos veciños, habendo moitos que que teñen serias dúbidas sobre se a concentración de halometanos puido causar danos na súa saúde”.