Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

Este domingo será o Día da Bicicleta de Foz

Por 21 Setembro, 2023Setembro 22nd, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz organiza un ano máis o Día da Bici, que se celebrará o domingo 24 de setembro. Unha cita moi agardada por pequenos e maiores, que a convirte nunha actividade familiar na que se comparte unha marcha polas praias.

A saída será ás 11.30 horas desde o parque infantil de tráfico, lugar tamén do regreso despois de dar un agradable paseo pola zona das praias.

Ao finalizar non faltará o sorteo da bicicleta, de agasallos e dalgunha que outra sorpresa. E como non, a entrega de premios, sempre disputada: mellor disfraz, bici mellor engalanada, máis novo e máis veterano.

A inscrición será solidaria, aportando 1kg de produtos para o Banco de Alimentos. Agora mesmo o que máis falta fai son leite, aceite, cacao, conservas, tomate frito e artigos de hixiene e limpeza.

Poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram).

Tan só deberán remitirse os seguintes datos ata o 23 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono. Será tamén obrigatorio o uso do casco.