Skip to main content
Lourenzá

Volve a Concentración de VespaFaba & Clásicos Lourenzá o 30 de setembro e 1 de outubro

Por 9 Setembro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

A Asociación Club VespaFaba & Clasicos Lourenzá presentou a súa nova concentración de scooters, motos e clásicas que coincide sempre coa celebración da Festa da Faba, o sábado 30 de setembro e domingo 1 de outubro.

Durante a xornada do sábado 1 contarán con scooters e motos clásicos que se poderán desfrutar desde ás 10.00 horas cunha exposición, probas de habilidade e máis sorpresas.

Xa ás 13.30 será o momento dos pinchos e a saída da ruta polo Val de Lourenzá para volver ao xantar campestre e a entrega dos premios.

O domingo 1 de outubro volverá a exposición pero nesta ocasión de coches clásicos, e a ruta polo val para despois xantar no hotel Casa da Luz de Bretoña. Pola tarde volverán ao Concello laurentino e entregaranse os trofeos.

Para máis información será necesario chamar aos teléfonos 660 049 416, 689 008 073, 671 214 171 ou 669 452 430.