Skip to main content
Lourenzá

A escola de música de Lourenzá abre o prazo de inscrición

Por 3 Setembro, 2023Sin comentarios

A escola de música de Lourenzá abre o prazo de inscrición para as súas clases e que estará aberto ata o 30 de setembro. Os instrumentos que ofrecen son frauta, oboe, fagote, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, batucada, gaita galega e percusión.

Para participar será necesario chamar ao teléfono 618 435 083 ou mandar un email bandademusicadelourenza@gmail.com ou ir presencialmente á casa da Xuventude.

Así mesmo, cabe lembrar que en marzo botaron a andar a Pituband, unha nova banda infantil para menores de 16 anos.