Skip to main content
Lourenzá

Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo por Asturias

Por 11 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo por Asturias para os días 22, 23 e 24 de setembro.

Así, a saída farase o venres 22 ás 18.30 horas dende o Cantón de Vilanova, o sábado pola mañá farase a ruta Peña Mea de 12 quilómetros e dificultade media-alta. O domingo será a quenda das Foces del Pino de 8 quilómetros e dificultade baixa

Para participar é necesario anotarse chamando aos teléfonos nos 647 067 054 antes do martes 19 de setembro.

Ademais xa teñen preparado as seguintes rutas que serán polo río Agüera o sábado 21 de outubro, o Bierzo do 10 ao 12 de novembro e visitarán o Mogallón no Vicedo o 16 de decembro.

A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou reaxustes climatolóxicos.