Skip to main content
Lourenzá

O local da asociación de Santo Adrao, en Lourenzá acollerá un curso de ferramentas dixitais

Por 10 Setembro, 2023Sin comentarios

O local da asociación de veciños de Santo Adrao, en Lourenzá acollerá un curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria.

Este taller terá unha duración de 12 horas e desenvolverase os días 25, 27 e 29 de setembro en horario de 16.00 a 20.00 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982 121 376 e 698 159 667. O prazo remata o 15 de setembro.