Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMondoñedoRibadeoViveiro

A comarca acollerá tres función do Camiño Escena Norte

Por 7 Setembro, 2023Sin comentarios

Máis escenarios, máis funcións, máis actividades e máis colaboracións. Camiño Escena Norte (CEN) celebra a súa quinta edición incrementando o intercambio de compañías, profesionais e públicos en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. O lema Vieiros que conflúen describe unha programación oficial que se celebrará do 17 de setembro o 22 de outubro, con 15 compañías de teatro, danza e artes do movimiento e novo circo, amosando os seus espectáculos en perto de 60 sedes que forman parte do Itinerario Constelacións.

A quinta edición do Camiño Escena Norte conta con importantes novidades, como a incorporación definitiva ao proxecto da Comunidade Foral de Navarra; un aumento sustancial da programación en todos os territorios, ao pasar de 38 a 57 sedes (no caso galego, pasa de 7 a 11 localidades); a estrea de Vieiros, unha rede de colaboración con proxectos locais, que en Galicia será o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT); e un programa de conversas e mesas redondas coorganizado e financiado pola asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.

Itinerario

Os 15 espectáculos da quinta edición, tres por territorio, conforman o Itinerario Constelacións, o programa de exhibición artística de corte xeralista na que prevalece a diversidade de linguaxes, estéticas e formatos; producións de teatro, danza e artes do movemento e novo circo tanto para público infantil coma para o adulto.

En Galicia, as funcións do Itinerario Constelacións chegarán a un total de 11 localidades, catro máis que no 2022. Así, CEN visitará Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo, Santiago de Compostela (que acollerá a apertura e clausura da programación), Vimianzo e Viveiro.

Programación CEN Galicia 2023

19.09 – 21.09 | Lugo: Habitación Peregrina Pro.

24.09 | Mondoñedo: Portamundos, de Cía. Levelibular (Navarra).

01.10 | Ribadeo: Lear en las catedrales, de Ábrego Teatro (Cantabria).

13.10 | Viveiro: Sexpiertos, de Tanttaka Teatroa (Euskadi).

15.10 | Portomarín: Malabaracirco, de Circus Magníficus (Cantabria).

20.10 | Lugo: La bestia negra, de Proyecto Piloto (Asturias).