Skip to main content
A Pontenova

Vilaoudriz, na Pontenova, celebrará as súas festas esta fin de semana

Por 13 Setembro, 2023Sin comentarios

Vilaoudriz, na Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Virxe das Dores do vindeiro venres 15 ao domingo 17 de setembro.

O venres a partir das 22.00 horas haberá churrascada no campo da festa e verbena amenizada por Pedro Brmudez DJ. Para degustar o churrasco hai que comprar tickets e o prazo para retiralos remata o 13 de setembro.

O sábado ás 13.00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde ademais haberá procesión e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén tocará na verbena, onde ademais actuará Verónica Cambón.

As festas rematarán o domingo 17, xornada na que ás 13.00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde tamén haberá procesión e sesión vermú co dúo La hora bruja.