Skip to main content
A Pontenova

Os fornos da Pontenova volverán queimarse

Por 15 Setembro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Os fornos da Pontenova volverán queimarse os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de outubro nas súas tradicionais festas da Queima dos Fornos.

As festas arrancarán o día 6 de outubro, venres, con verbena, que estará a cargo de Hermo disco truck, DJ Bombardero e Cosmedeejay.

O sábado 7 será o día grande con celebracións de todo tipo e dúas citas imprescindibles, a sesión vermú e a verbena, na que destaca a presenza da orquestra Compostela. Tamén a partir das 19.00 horas será o show de Paulo Martinho,e despois da Hermo disco truck e Pedro Brmudz.

Será o sábado á noite, sobre as 0.30 horas cando teña lugar a tradicional queima dos fornos, que chega á súa XXIV edición.

Continuarán os festexos o domingo tamén con dobre cita musical, con Costa Dorada e París de Noia. Xa por último o luns 9 será a quenda de DJ Bombardero.