Skip to main content
A Pontenova

O CIT da Pontenova organiza clases de pilates e de inglés

Por 18 Setembro, 2023Sin comentarios

O CIT da Pontenova organizará novas actividades para esta tempada do 2023-2024 e nas que se inclúen as clases de pilates e de inglés.

Así, as clases de pilates será os luns e mércores de 22.30 a 23.30 horas na Casa do Salmón. Terán un prezo de 12 euros para socios do CIT e 14 para os que non o sexan.

Estarán impartidas por Alba Fernández Lodeiro e para máis información e dúbidas haberá que contactar chamando ao 661 909 152.

As clases de Inglés serán na Casa das Asociacións os luns ás 19.00 horas para nenos de 7 a 10 anos e, os xoves ás 20.30 horas para adultos e nenos de secundaria. Estas clases están orientada especialmente á preparación dos exames oficiais de Cambridge.

Tamén como novidade haberá un Summer English Camps no estranxeiro para nenos de 12 a 16 anos. Para máis información haberá que chamar ao 647 023 692.