Skip to main content
A Pontenova

Odile Rodríguez de la Fuente, será a pregoeira da Festa da Troita da Pontenova 2024

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

O CIT da Pontenova informou que xa contan con pregoeira para a celebración da XLIIII edición da Festa da Troita, e que nesta ocasión será Odile Rodríguez de la Fuente, filla do divulgador ambientalista Félix Rodríguez de la Fuente.

Odile licenciouse Cum Laude en Ciencias Biolóxicas e Producción de Cine en USC, Los Ángeles. A súa vocación por divulgar a natureza naceu na súa infancia influida, sen duda, polo poder inspirador do seu pai. Pasou varios anos en Washington DC, traballando na sede de National Geographic.

En 2004 creoi a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente da que foi directora durante máis de 15 anos e capitaneou proxectos de divulgación científica e ambiental en soportes tan diversos como aplicacións , exhibicións , revistas, plataformas online, documentais, libros e marcas de garantía para productos de consumo.

A bióloga escribe asiduamente artigos para a prensa escrita, é conferenciante e colabora con diversos medios de comunicación e actualmente centra os seus esforzos divulgativos no reto que o cambio climático supón para a humanidade, e segue activamente vinculada á conservación a través da súa participación en diversos comités asesores e grupos de traballo.

Tamén formou parte do patronato de Rewilding Europe durante 9 anos así como de WWF España e fai un par de anos publicou o libro “Félix. Un hombre en la tierra” de Geoplaneta, onde recolle o legado do seu pai.