Skip to main content
A Pontenova

O BNG denuncia a falta de médicos na Pontenova tralas “promesas do Sergas de incorporar persoal”

Por 22 Setembro, 2023Sin comentarios

Desde o BNG da Pontenova reiteran a denuncia pola falta de médicos no concello. “Tras a promesa realizada a semana pasada polo PP e polo xerente do Sergas, supostamente a partir deste luns 18 debería terse incorporado un médico para cubrir a falta de persoal no centro de saúde, pero a realidade é moi distinta e seguimos a contar cunha única médica, o que conleva atrasar aiída máis as citas médicas dos doentes”  manifestou o portavoz nacionalista Xorxe Gómez Rico que insistíu en que é urxente cubrir as baixas e vacacións dos médicos para que a poboación poida ser atendida debidamente e contando cunha sanidade pública digna. “Mandándonos un médico dúas horas, como fixeron no día de hoxe, non se soluciona nada”, afirmou.

Desde o BNG anuncian que continuarán a velar porque se garantan  os dereitos de toda a veciñanza, tal como demandaron tamén no Parlamento a través do deputado mariñao Daniel Castro que presentou en días pasados diversas iniciativas a respecto da situación sanitaria da Pontenova nas que se denunciaba a situación,  e que agardan sexan tratadas o máis rápido posible, sexan aprobadas, e o Sergas cumpla coas veciñas e veciños da Pontenova