Skip to main content
Ribadeo

Estase a mellorar a zona de xogos infantís do parque de San Francisco de Ribadeo

Por 29 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello está a realizar tarefas de mellora no parque de San Francisco na zona de xogos infantís, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.

O edil explicou que “procedemos a retirar a araña do parque de San Francisco, tan solicitada polos veciños. Tamén se aproveitará para realizar o arranxo dalgúns xogos, que así o demandaban, ao igual que oito alcorques, e a reposición de zonas de caucho”.

Diego Dos Santos contou que “as obras teñen un prazo de execución dun mes e pode ser que algún día o parque estea pechado completamente polos operarios, polo que pedimos disculpas polas molestias que se poidan ocasionar”.