Skip to main content
O Valadouro

Aberto o prazo de inscrición para os servizos de Madrugadores e A Tarde máis diver do Valadouro

Por 2 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello do Valadouro vén de abrir o prazo de inscrición para os servizos de Madrugadores e A Tarde máis diver 2023-2024.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 7 de setembro de 9.00 horas a 14.00 horas e poderá facerse nas oficinas municipais, Sede Electrónica ou por calquera dos cauces habituais da administración pública.

Para máis información será necesario chamar ao 982 574 000 ou facer consultas a través de medios telemáticos. Considerarase inscrito aquel participante que presente toda a documentación solicitada dentro do prazo establecido.

MADRUGADORES

Este programa desenvólvese en horario de 7.30 a 9.25 dende o 11 de setembro de 2023 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir ao centro escolar antes do inicio do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co inicio da xornada lectiva.

A entrega de alumnos deberá facerse sempre con puntualidade, non admitíndose alumnos que cheguen ao centro escolar fora do horario establecido.

A TARDE MÁIS DIVER

Este desenvólvese en horario de 16.00 a 19.00 dende o 11 de setembro de 2023 ata o remate do curso escolar e está orientado aos alumnos e alumnas que precisen asistir a actividades extraescolares ao remate do horario lectivo debido á incompatibilidade do horario laboral dos seus proxenitores ou titores legais co remate da xornada lectiva.

As actividades realizaranse a continuación da xornada lectiva nos horarios de de 16.00 a 17.00, de 16.00 a 18.00 e de 16.00 a 19.00.