Skip to main content
O Valadouro

Amado Lar organiza este sábado no Valadouro a XXXIII Mostra Folclórica

Por 1 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Amado Lar organiza, coa colaboración do Concello do Valadouro, a XXXIII Mostra Folclórica como xa vén sendo habitual a fin de semana antes das Festas do Oito.

A cita será o sábado día dous de setembro ás 20.00 horas na praza de Santa María do Valadouro.

Á parte do grupo anfitrión, este ano estará acompañándoo a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros da Fonsagrada.

Durante o acto, efectuarán o sorteo dun saboroso xamón curado e un pack de pequenos electrodomésticos que consta dun espremedor e dunha torradora.

As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación.

Se as condicións meteorolóxicas foren adversas ese día, o evento trasladarase á Casa da Cultura Manuel Lourenzo.