Skip to main content
O Valadouro

Comeza a tempada de clases de baile e música tradicional de Amado Lar O Valadouro

Por 11 Setembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Amado Lar O Valadouro comeza a nova temporada 2023-2024 coas clases de baile e música tradicional para a veciñanza.

Así, os novos ensaios de baile, canto e pandeireta serán os luns, comezando o día 18 de setembro, en horarios divididos por idades onde a iniciación a baile a partir dos 4 anos será de 17.00 a 17.45 horas, despois serán os pequenos de pandeireta e baile, seguidos dos medianos de pandeireta e canto, os medianos de baile, e xa pola noite os adultos.

Os sábados serán os cursos de gaita e percusión, impartido por Javier Bossa, en horario de 18.30 a 21.30 horas e comezando o 7 de outubro.

Para máis información e contacto haberá que chamar aos teléfonos 609 371 551, 680 766 568, 646 825 113 ou 649 593 139, ou poñerse en contacto por email en amadolarvaladouro@gmail.com.