Skip to main content
O Valadouro

O Concello do Valadouro acolle a presentación da novela ‘A Montaña do poeta’ de Lionel Rexes

Por 20 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello do Valadouro acolle o vindeiro venres 22 ás 20.00 horas a presentación da novela A Montaña do poeta, de Lionel Rexes.

Esta obra, que foi gañadora do premio Lueiro Rey 2021, presentarase no local social no parque Concepción Arenal, e nela intervirá o autor Lionel Rexes Martínez.

A novela trata sobre que é pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da vida.
No medio desta existencia rutineira, un suceso con esencia ideolóxica sacode a dinámica do municipio.