Skip to main content
O Vicedo

Os Aturuxeiros de Bravos organizan un taller de elaboración de xabón

Por 17 Setembro, 2023Setembro 18th, 2023Sin comentarios

Os Aturuxeiros de Bravos en colaboración coa Asociación de Veciños San Román do Vicedo organiza un taller de elaboración de xabón o vindeiro sábado 23 de setembro a partir das 17.00 horas no centro social de Bravos.

Este curso terá teoría audiovisual, materiais, e práctica e ten un prezo de 10 euros socios e 12 non socios. Para participar será necesario anotarse no teléfono 661 866 552..

É unha actividade dirixida a público adulto e servirá para aprender a reutilizar o aceite de cociña usado e darlle unha nova vida como xabón, actividade tradicional que queremos recuperar e con ela concienciar da importancia da correcta separación de residuos e o seu depósito no lugar axeitado os contedores de aceite municipais ou mellor aínda, a súa reciclaxe.