Skip to main content
O Vicedo

O BNG propón que O Vicedo sexa declarado zona de Montaña

Por 26 Setembro, 2023Sin comentarios

O BNG vén de presentar no Concello  unha moción co obxecto de incentivar o desenvolvemento social e económico do Vicedo, fixar poboación,  mitigar as perdas do sector gandeiro, previr incendios e recuperar terreo agrícola.

Tal como manifestou Miguel Gómez “a actividade agraria e gandeira está a verse afectada polo prezo dos combustibles, pensos e abonos e demáis insumos, sen embargo o prezo dos produtos que estas actividades xeran non o fan en orixe”. Por eso o obxecto desta moción é que a Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura impulsen a declaración de Zona de Montaña para o concello de O Vicedo, porque cumple coas condicións esixidas na Lei de Agricultura de Montaña, porque tén vocación predominatemente agraria e concorren a circunstancias  de altitude e pendente e no seu defecto, tal como dice a propia lei,   existirían  circunstancias excepcionais limitativas das produccións agrarias que as pode facer equiparables ás zonas de agricultura de montaña.

Beneficio para os gandeiros

Conseguir esta declaración de zona de montaña incrementaría ostensiblemente o que percibirían os nosos gandeiros e gandeiras e agricultores e agricultoras nas axudas da PAC.

Miguel Gómez Fraga incidíu tamén no feito de que concellos da contorna de O Vicedo coma Mañón, Ortigueira ou Cedeira son consideradas zonas de montaña, concellos que gardan as mesmas similitudes xeográficas e meteorolóxicas. “É  difícil de entender que por exemplo  un gandeiro de O Vicedo non teña esa catalogación nos seus terreos e do outro lado do río Sor sí o teñan”, afirmou.