Skip to main content
Viveiro

Viveiro acolleu a festa de despedida do programa de Apoio Educativo, Lecer e Tempo libre

Por 1 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro acolleu a festa de despedida do programa de Apoio Educativo, Lecer e Tempo libre para a cativada, impulsado polo departamento de Voluntariado dos Servizos Sociais do municipio.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu á celebración, na que destacou “a gran diversidade de actividades realizadas cada verán como parte deste proxecto, que pon en valor a inclusión e a igualdade entre todas as nenas e nenos”.

No programa, que se celebra todos os veráns en Viveiro, participaron 15 nenas e nenos e 6 voluntarios e voluntarias entre o 12 de xullo e o 30 de agosto.

Nel desenvolvéronse actividades relacionadas co medio ambiente, o consumo responsable ou a alimentación saudable. Para elas contarón coa colaboración tanto coas entidades públicas como con empresas relacionadas con estes ámbitos.

CAMPAMENTO

Conclúe unha nova edición do Campamento de Verán do Concello de Viveiro. Á súa última xornada deste ano 2023 asistiron a alcaldesa María Loureiro García e a primeira tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez García para despedir a actividade e aos nenos que participaron nela nesta segunda quincena de agosto.

María Loureiro quixo destacar “a importancia para a conciliación familiar que teñen programas como este, que cada ano acollen a un gran número de nenos e nenas de Viveiro”.

Pola súa banda, Míriam Bermúdez agradeceu ás familias “a confianza depositada un ano máis para a participación das cativas e cativos no campamento”.