Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro realizará obras en camiños rurais da parroquia de Vieiro

Por 16 Setembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro realizará diversas obras en camiños rurais da parroquia de Vieiro como parte do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. Este proxecto do anterior mandato servirá para mellorar e renovar tres viais, comezando pola pista Lavandeira-Areal e ramal  da pista do río Areal.

Trátase dun proxecto do anterior mandato, agora xa en prazo de execución. Os outros viais que se renovarán serán a pista Cabeceira-Pelourao e ramal e a pista do barrio da Igrexa, todos eles na parroquia viveirense de Vieiro.

As actuacións contan cunha subvención da AGADER, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Este organismo aportará 68.406,00€ do total de 88.130,40 euros que custarán os traballos. O Concello de Viveiro aporta os 19.904,40€ restantes.