Skip to main content
A FonsagradaAs NogaisBaleiraBarallaBecerreáCervantesComarca LUGOXAMondoñedoNavia de SuarnaPedrafitaPol LUGOXARibadeoRibeira de Piquín

O Parador de Ribadeo acolleu unha mesa redonda sobre o Turismo sostible como impulso ante o reto demográfico

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

O Parador de Ribadeo acolleu unha mesa redonda sobre o Turismo sostible como impulso ante o reto demográfico, e na que participaron o GDR Terras de Miranda, GDR Montes Vales Orientais, ACISA de Ribadeo, a técnico responsable de turismo de Ribadeo, a Directora Xeral de Agader, os concellos de Ribadeo, Mondoñedo e Rábade, a Mancomunidade e a Conselleira de Política Social.

Nesta mesa expuxéronse as principais liñas e actuacións nas que se está a traballar neste tema desde os distintos organismos e entidades públicas.

O moderador do foro, Juan Carlos Rodríguez inaugurou a mesa facendo ver como “Ribadeo é un bo exemplo de como se pode abordar unha xestión exitosa de turismo no sostible”. Algo no que coincidiu o primeiro relator do encontro, o alcalde de Ribadeo, Daniel Veiga, “Ribadeo está a facer unha boa xestión do turismo. Así nolo din as cifras. Ribadeo é líder dentro do conxunto da Mariña en pernoitas con 44.757. Iso acredita que somos o concello líder no conxunto da comarca e estamos na posición perfecta na provincia. Somos o concello despois da cidade de Lugo con máis pernoitas”.

Vidal Martínez, xerente de GDR Terras de Miranda, sinalou que “o verán xa o temos asegurado, agora onde temos que traballar é no resto do ano”.

“A loita contra o despoboamento é un dos retos máis importantes do noso territorio”, expuxo Fe Álvarez do Xeodestino Ancares – Terras de Burón, que coordina o GDR Montes Vales Orientais, “apostamos polo ecoturismo para crear oportunidades aquí”.