Skip to main content
Baleira

Baleira acollerá unha pequena tertulia literaria

Por 15 Setembro, 2023Sin comentarios

Baleira acollerá o vindeiro venres 22 de setembro unha pequena tertulia literaria para a presentación do libro El callejón de la gata llorona.

Neste encontro intervirán a autora, Ángela Gómez Indiano; e a escritora local, Beatriz Pin Díaz. Moderará o coloquio Alberto Alonso Fernández e dará comezo ás 20.30 horas na biblioteca do Concello.

Ademais contarase coa presencia entre o público de varios escritores da contorna.