Skip to main content
Baralla

Xunta e Concello de Baralla estudan a rehabilitación da antiga casa cuartel para destinala a vivendas protexidas

Por 28 Setembro, 2023Sin comentarios

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Baralla, Miguel González, avaliaron nunha reunión que mantiveron recentemente o proxecto para rehabilitar a casa cuartel da localidade para destinala a vivendas en réxime de alugueiro social.

Nesa liña, a vicepresidenta segunda explicoulle ao alcalde a posibilidade de obter financiamento ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio á financiación de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 31 de outubro.

E, a maiores, dado que o concello de Baralla ten menos de 20.000 habitantes, podería optar a unha nova convocatoria das axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal. Neste caso, as axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada