Skip to main content
Castroverde

Castroverde celebrará un acto de recoñecemento a Xesús Alonso Montero

Por 13 Setembro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

A Asociación do Patrimonio de Castroverde, xunto co Concello de Castroverde, convida a todas as persoas a un acto de recoñecemento do Socio de Honra Xesús Alonso Montero. Terá lugar o sábado 23 de setembro.

Xesús Alonso Montero é coñecido pola súa dedicación á divulgación da lingua e literatura galega, así como polo seu incansable traballo para preservar o patrimonio de Castroverde.

O acto de recoñecemento dará comezo ás 11.30 horas, cunha recepción acompañada de gaita por Daniel Fernández López. O acto contará coa participación de Claudio Rodríguez Fer, Felipe Arias Vila, Beatriz Pin e Ánxela Gracián.

Ás 14.00 horas, será o xantar a base de empanada e lacón. Para rematar, ás 16.00 horas, haberá unha visita ás matrias dos amigos e amigas de Castroverde, ademais de camiñar polas paisaxes de pan.

Para o xantar e necesario anotarse antes do 17 de setembro no mail amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com ou no teléfono 659 523 960.