Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada celebrou a súa tradicional Feira de Gando Vacún con moita afluencia

Por 3 Setembro, 2023Sin comentarios

A Fonsagrada acolleu onte o XLVII Concurso exposición de gando vacún de razas Rubia Galega e Asturiana de Los Valles que contou con categorías de xatos carniceiros de ata 10 meses, novillas e novillos de 10-24 meses, touros e vacas Rubia Galega e Asturiana.

Nesta cita, que se celebrou no mercado gandeiro comarcal, participou o deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, xunto ao alcalde da localidade e tamén deputado provincial de Medio Ambiente, Carlos López López.

Esta cita, enmarcada nos actos das festas patronais, incluíu a poxa de dúas xovencas de raza Rubia Galega da Granxa Gayoso Castro, que tiveron un prezo medio de 2.000 euros.

Na xornada participaron gandeiros de Galicia e Asturias das razas rubia galega e asturiana de los montes e contou cunha degustación da raza rubia galega e música en directo.