Skip to main content
Lugo

O PP puxo á Residencia como un exemplo do compromiso do partido cos barrios de Lugo

Por 16 Setembro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo puxo á Residencia como modelo do compromiso do PP para mellorar os barrios de Lugo. A xunta local do PP de Lugo repasou o investimento millonario da Xunta nesta zona contrapoñendo “o traballo, o tesón e a planificación das infraestruturas sociosanitarias neste barrio que viñeron da man da Xunta, e na que participaron moitos cargos e colaboradores do partido, fronte ao abandono do PSOE e do BNG que o único investimento que fixeron nos últimos anos foi o carril-bici”.

Os afiliados tamén se interesaron pola apertura dos novos servizos que haberá no barrio da Residencia onde nas últimas semanas están abrido novos negocios polas espectativas que xera a próxima apertura do centro integral de saúde e lembran “que nesta infraestrutura así como noutras dotacións sociosanitarias se investiron 32M€”.

Tanto a voceira do PP, Elena Candia, como o presidente do PP local, Ramón Carballo, contrapuxeron o traballo do Partido Popular nesta zona de Lugo “detrás do rexurdir do barrio hai un esforzo e diálogo constante de moitas persoas do Partido Popular que cremos nas posibilidades deste barrio, mentres tanto o concello o único que fixo foi quedar de espectador e poñer pedras no camiño”.

“O PP planifica e ten unha visión global como así se demostra cos feitos aludindo á obra que se licitou recentemente cun investimento de 1,3 M€ para facer un aparcamento disuasorio na Avenida Breogán que dará servizo a esta zona”.

Na xuntanza ordinaria da xunta directiva tamén se fixo un balance das accións realizadas polo Grupo Municipal durante o último mes e máis se avanzaron as liñas de traballo para o vindeiro trimestre e se presentou o calendario da nova ronda de visitas ás 54 parroquias así como os encontros veciñas en todos os barrios de Lugo.

Elena Candia tamén anunciou que dende o Grupo Municipal se activará un horario de atención presencial no local do Grupo Popular na Casa do concello será os venres e con cita previa e indicou que esta escoita activa refórzase co número de Whatsapp de atención cidadá, o 618 626 902, onde a veciñanza pode enviar propostas para mellorar o seu barrio.

Tamén analizaron as actuacións levadas a cabo dende a última reunión que se celebrou da xunta local do PP do 27 de xullo e se puxeron en valor diferentes as diferentes mesas de traballo que xa están en marcha como son a de urbanismo ou de migración, entre outras, e se avanzou que se abrirán novos foros de temas específicos que preocupan á veciñanza.