Skip to main content
Lugo

Avanzan na renovación do alumeado público en rúa Dinán

Por 17 Setembro, 2023Setembro 18th, 2023Sin comentarios

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas visitou os traballos de renovación de alumeado público que se están a executar na contorna de San Roque. “Seguimos a traballar na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente”, explicou Alexandre Penas.

O Goberno de Lugo está a renovar as luminarias das rúas Hermanitas, Río Neira, Cidade de Vigo, Pedro González López, Dinán e Praza de Bretaña que na actualidade empregan elementos contaminantes como Vapor de Sodio, e que pasarán a ser luminarias LED de baixo consumo e alta eficiencia. “Trátase de luminarias programables, que permitirán aumentar o aforro enerxético nas horas sen tránsito peonil nin de vehículos”, afirmou o concelleiro de Infraestruturas.

O consumo enerxético do alumeado desta zona reducirase en preto dun 37%, permitindo que Lugo avance na implantación dun alumeado eficiente en toda a cidade. Penas lembrou que a concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público, instalando luminarias de baixo consumo e aplicando a perspectiva de xénero.