Skip to main content
Lugo

Red House & Lou Marini abrirá o San Froilán e Rayden o pechará

Por 21 Setembro, 2023Sin comentarios

Maite Ferreiro confirmou o concerto de Red House & Lou Marini para abrir o San Froilán 2023 o vindeiro 4 de outubro na Praza de Santa María, e o peche das festas con Rayden o 12 de outubro a partir das 22:00 na praza Horta do Seminario, que chega a Lugo na súa xira de despedida.

Red House & Lou Marini, 4 de outubro ás 21:00 na praza de Santa María

Lou Marini & Red House Revival é o resultado dunha longa amizade entre Lou Marini y Francisco Simón. Nesta ocasión Red House Revival ten o honor de presentar a Lou Marini como invitado moi especial. “Blue Lou” Marini é compoñente orixinal de The Blues Brothers. Imposible resumir aquí o seu dilatadísimo currículum. Así mesmo, Francisco Simón é actualmente membro de The Original Blues Brothers Band.

Lou Marini & Red House Revival é sinónimo de forza e elegancia que só podemos desfrutar nas súas actuacións en directo pola súa incrible enerxía e bo gusto, convertindo cada concerto en algo único e inolvidable.

A formación está composta por Lou Marini, Francisco Simón (guitarra), Luis Regidor (voz e guitarra), David Salvador (baixo) e Pascu Monge (batería)

Rayden, 12 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario

É cantante, compositor, produtor e escritor. Foi campión mundial da Red Bull Batalla de Galos, e colaborou con xente como Tanxugueiras, Pablo López, Mäbu, Leiva, Rozalén, Sidecars, Iván Ferreiro, Andrés Suárez, Alfred García, Bely Basarte, e un longo etcétera, descubríndose como un dos artistas que máis pontes construí entre diferentes estilos no ámbito do estado.

A súa discografía en solitario componse de 8 discos sendo a súa traxectoria musical premiada en numerosas ocasións. Nominado a mellor artista do estado español nos MTV Europe Music Awards e a mellor artista nos Premios dos 40 Principai. Nos premios MIN recibiu o galardón a mellor artista e a mellor videoclip por “Matemática de la carne”.

Rayden tamén cultivou a escrita, sendo autor de tres libros: “Herido Diario”, “TeminAMOs y otros poemas sin terminar” e “El mundo es un gato jugando con Australia”. Ten un marcado carácter solidario e realiza múltiples labores sociais, colaborando con organizacións como as Nacións Unidas ou sendo embaixador de Google para intentar erradicar o discurso de odio.

No 2022 Rayden realiza a xira “Quiero que nos volvamos a ver”, sendo un dos 14 candidatos elixidos por RTVE para o Benidorm Fest 2022, polo seu tema “La Calle de la Llorería”.A conceptualidade artística é algo moi vixente hoxe en día, pero pódese dicir que ninguén tratou o tema como o fixo Radien. En marzo desta ano 2023 deu a coñecer que deixaba a música, para adicarse á escrita, polo que a de Lugo será unha das últimas ocasións nas que poder disfrutar da súa forza e do empaque das súas letras.