Skip to main content
Lugo

O MIHL acolle o proxecto de investigación Atopémonos Bailando

Por 25 Setembro, 2023Sin comentarios

Este ciclo reúne a artistas e compañías emerxentes da danza contemporánea lucense, galega e internacional.

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitou no MIHL á nova artista que está a traballar na segunda edición do programa de residencias artísticas e investigación Atopémonos Bailando, impulsado polo Colectivo Glovo, e apoiado pola Área de Cultura do Concello de Lugo.

Allyson Maykal Solís foi a seleccionada no intercambio con Costa Rica e “estará traballando e investigando sobre o seu novo traballo no MIHL dende o 1 de setembro ata o 1 de outubro”, explicou Ferreiro. “Este ciclo reúne a artistas e compañías emerxentes da danza contemporánea lucense, galega e internacional”, incide Maite Ferreiro, quen convida a todo o mundo a asistir a esta nova mostra.

O vindeiro mércores 27 de setembro ás 19 horas, o MIHL será escenario da mostra aberta ‘Las flores de Tirso han muerto’ por parte da artista costarricense, gañadora do Premio Nacional Mejor Intérprete de Costa Rica 2021 e do Premio Nacional de Danza Mireya Barboza.

Allyson Maykal Solís

Egresada de Danza Abierta da Universidad de Costa Rica e Bachiller en Relacionista Pública, unha namorada das letras e a natureza. Actualmente bailarina independiente, xestora, creadora, profesora da súa propia investigación latino-contemporánea e bailarina de Danza Contemporánea de diferentes compañías e proxectos personais. Actualmente ten 3 espectáculos, Caso 26, Premio Nacional Mejor Intérprete de Costa Rica 2021, un dúo chamado Duelo y Dos, Premio Mejor Intérprete del F. de Coreógrafos Graciela Moreno 2021, e Afuera, primeira miniserie de Video danza en Costa Rica en espacios naturales.