Skip to main content
Lugo

The Quiet Girl levouse o premio do público da Semana de Cine de Lugo

Por 25 Setembro, 2023Setembro 26th, 2023Sin comentarios

Rematou unha nova Semana de Cine de Lugo co reparto de premios e un sinfín de proxeccións para todos os públicos e gustos.

Nesta convocatoria de 2023 o premio do público á Mellor Película da Sección Oficial foi The Quiet Girl (Irlanda, 2022) de Colm Bairéad, que obtivo 2,64 puntos. A continuación quedaron clasificadas Empieza el baile (Argentina, 2023) de Marina Sereseski (2,63 puntos); El acontecimiento (Francia, 2021) de Audrey Diwan (2,37 puntos); El caftan azul (Marrocos, 2022) de Mariam Touzani (2,34 puntos); Hasta que el amor nos separe (China, Republica Checa, 2022 de Ran Li (1,93 puntos) e Cuando la alondra canta (Austria, 2023) de Ana Bilic (0,78 puntos).

O premio do xurado á Mellor Película do ciclo Portugal, tan cerca tan lonxo foi para Ja Nada (Portugal, 2023) de Luís Digo. O premio do xurado á Mellor Película Documental foi para La memoria del cine. Una película sobre Fernando Méndez Leite (España, 2023) de Moisés Salama.

Tamén houbo premio do Público á Mellor Curtametaxe: (ex aequo) que se levou Habitat (España, 2023) de Elena Escura. Ademais de El crédito (España 2022) de Álex Escudero.

O público tamén premiou á Mellor Película Galega con Nena (Galicia, 2023) de Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias, á Mellor Película Lucense con Amor viaxeiro (Lugo, 2022) de Alba González e Miguel Bouzas, e á Mellor Película de Animación con Sandwich Cat (Galicia, 2023) de Favid Fidalgo.

A Organización e o Xurado da 45 Secilugo (Semana de Cine de Lugo) conceden cadansúa mención especial a varias películas, polo especial tratamento dos temas, ás persoas e ao cine: El otro (España, 2022) de Marc G. Ros; La rampa (España, 2023) de Juan Fernando Andrés Parrilla; Otro día más (España, 2023) de Juan Carrascal. Madreselva (España, 2023) de Nata Moreno; Verbas e memoria. Miña tía Elena (Galicia, 2023) de Breixo Llano Caldeiro); Ulises (Galicia, 2022) de Felix Brisel; Madres Camioneras (España, Inglaterra, 2022) de Paula Romero; Stains (Dinamarca, 2023) de Sofie Krongg; L. Heritage (Francis,Libano, 2022) de Mathieu Haag; Mesa para tres (España, 2022) de Álvaro G. Empre e Meka Ribera; Los visitantes (España, Francia, 2022) de Enrique Buleo; A rabia (Galicia, 2022) de Alberto Díaz López; Chichi e mais eu (Galicia, 2023) de Nico Campos; No se oye (Galicia-Lugo,2022) de Mario Pereira; Elexía de Atacama (Chile 2023) de Carlos López; Papa (España, 2022) de Julio Montejo; Cardoña. Fotos a 7 pesetas (Galicia, 2023) de Carlos Lorenzo; Amoreiras (Portugal, 2022) de Pedro Augusto Almeida; Auga nas guelras (Portuga, 2023) de Marco Schiavon; Vidas na fronteira (Galicia, 2023) de Francisco Xavier López Rodriguez; Tectónica de placas (Galicia, 2022) de Miguel Casaseca e Clara Coira;  Tap Tap (Francia, 2022) de François Le Guen; 7 dosis de dopamina (España, 2022) de Virginia Rodriguez; Robots (España, 2022) de César Tormo; Solidarity Day (España, 2022) de Gabriel Lugigo López, e Calxophobia (Alemania, 2022) de Dave Lojek.