Skip to main content
Lugo

As conferencias do PP de Lugo continúan este xoves sobre a lei de amnistía

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

#EspazoAbertoPopular do PP de Lugo continúa este xoves cun novo relatorio da man do Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, José Julio Fernández Rodríguez, no que se analizará se é válida unha lei de amnistía. Deste xeito, os populares, tal e como indica o seu secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, continúan “dando voz” a temas e asuntos de actualidade.

“Estamos convencidos de que será un encontro que dará luz a este posible mecanismo legal, pois a categoría xurídica non só é relevante, senón que está a xerar unha profunda mobilización dos españois debido á crítica situación política que estamos a vivir”, manifesta.

O encontro desenvolverase como é xa coñecido na sede do PP lucense a partires das 20:00 horas e está aberto ao público en xeral. Nodal pon en valor que o conferenciante, que acumula un amplo coñecemento na materia debido á súa formación e carácter docente, aceptase o convide da formación para trasladar aos lucenses as consecuencias de aplicar un norma destas características que non está contemplada na Constitución Española de 1978 e proxectaría, di, “unha imaxe moi negativa de España”.

José Julio Fernández Rodríguez é Catedrático de Dereito Constitucional da USC, onde tamén é director do seu Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) e anteriormente foi Delegado de Protección de Datos.

Doutor e Licenciado en Dereito, Ciencias Políticas, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, ademais de Diplomado en Estudos de Seguridade e Defensa, conta cun elevado número de publicacións científicas en 16 países (sobre 200 contribucións aproximadamente). Cómpre destacar que asistiu tamén como experto a diversos programa xurídico-internacionais de cooperación de fortalecemento institucional en país como Perú, Turquía ou Cabo Verde). Con anterioridade desempeñou o cargo Defensor do Pobo, hoxe Valedor do Pobo, e foi distinguido coa Cruz ao Mérito do Reino de España.