Skip to main content
Lugo

O Coro do Hospital ofrece mañá un concerto na Delegación da Xunta

Por 27 Setembro, 2023Sin comentarios

O Coro do Hospital de Lugo ofrecerá este xoves, día 28, un concerto gratuíto no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta. O delegado territorial, Javier Arias, e o director da agrupación, Fernando Gómez Jácome, informaron dos detalles da actuación, que comezará ás 19.00 horas.

A primeira parte do repertorio, titulada O cantar da nosa lingua, consta de doce pezas do cancioneiro tradicional galego, desde cantigas de Martín Codax ata as adaptacións de Negra Sombra de Rosalía de Castro ou Quen puidera namorala, de Cunqueiro. A segunda parte, Arxentina, quinta provincia, presenta catro temas populares de Latinoamérica.